Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de decembro de 2022

Inés Rey anima aos veciños e veciñas a facer uso do Centro Deportivo do Castrillón, que hoxe abriu as súas portas con actividades gratuítas ata fin de ano

Un equipo de monitores amosará as instalacións aos interesados, axudará a tramitar altas e ofrecerá clases de distintas disciplinas deportivas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acudiu esta maña ao Centro Deportivo do Castrillón, que desde hoxe queda aberto ao público. Un equipo de monitores amosa as instalacións aos cidadáns e axuda xa na tramitación de altas. Ademais, as persoas interesadas poden participar nunha serie de actividades deportivas organizadas de maneira gratuíta ata final de ano.

"Coa apertura deste centro deportivo cumprimos unha demanda histórica dos veciños e das veciñas do Castrillón, que están a amosar a súa satisfacción polo resultado do traballo que levamos a cabo", sinalou Inés Rey. A gran demanda que suscita o Centro Deportivo do Castrillón, con case 2.000 persoas preinscritas, propiciou que se adiantase a súa apertura para facilitar as altas e dar a coñecer os novos servizos. As instalacións ao completo entrarán en funcionamento a finais deste mesmo mes.

O horario de apertura provisional a partir deste xoves será das 10.00 ás 21.00 horas de luns a venres e das 10.00 ás 14.00 horas os sábados. Este horario é provisional e ampliarase unha vez que comecen a funcionar o conxunto das instalacións o 26 de decembro.

O horario das clases dirixidas, que comezarán este sábado 17 de decembro, será de 10.30 a 11.30, de 18.00 a 19.00 e de 19.15 a 20.15 horas de luns a venres e de 10.30 a 12.00 horas os sábados. As actividades que se impartirán serán acondicionamento físico, body combat, GAP ou zumba. Todas son gratuítas ata completar a capacidade.

Un proxecto esencial

Durante este mandato, o Concello investiu case 2 millóns de euros para completar os traballos previos e que este espazo de 3.445 metros cadrados puidese comezar a usarse. "Este ano faremos que sexa unha realidade unha infraestrutura pola que o Castrillón leva moito tempo agardando", indicou Inés Rey.

En canto ás características do centro, na primeira planta atópanse os controis de acceso e unha zona de agarda. Hai catro vestiarios, dous por xénero e outros dous para equipos que compitan puntualmente nas instalacións. Nesta parte sitúase, ademais, a pista polideportiva, cunha bancada para 100 espectadoras e espectadores. Trátase dunha estrutura divisible en dúas partes mediante cortinas para poder levar a cabo varias actividades de forma simultánea. Atópase tamén, neste primeiro andar, a piscina de catro estaxes e a zona termal, con saunas, diferentes tipos de duchas, hidromasaxe e espazo para dous postos de masaxe. Completa esta primeira planta unha sala de actividades dirixidas, divisible en dúas partes mediante paneis móbiles.

No segundo andar é onde está localizada a sala de fitness, que contará cunha zona cardiovascular e de musculación. Tamén haberá outra sala de actividades dirixidas, divisible en tres partes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión