Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

24 de xaneiro de 2021

Inés Rey: “Apoiarei medidas que reduzan a presión hospitalaria”

“A prioridade do Concello da Coruña é a saúde pública, pero a adopción de novas medidas é unha responsabilidade da Xunta de Galicia”, destacou a alcaldesa

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou que apoiará "medidas que reduzan a presión hospitalaria" na área sanitaria da Coruña, debido á "grave situación que estamos vivindo". Rey considerou que "as recomendacións non teñen tanto efecto como as medidas de cumprimento obrigatorio" e sinalou que as actuais medidas "non están sendo suficientes" para frear esta terceira vaga de contaxios da Covid-19. "A prioridade do Concello da Coruña é a saúde pública, pero a adopción de novas medidas é unha responsabilidade da Xunta de Galicia", destacou a alcaldesa.

A rexedora apelou á responsabilidade invdividual da veciñanza e a evitar calquera tipo de interacción social estas semanas: "Se non nos queren escoitar a nós que atendan ás cifras de contaxios, de persoas ingresadas nos hospitais e de persoas nas unidades de coidados intensivos... Son números que nos deben levar a unha reflexión". Lembrou que a actual presión hospitalaria tamén está prexudicando a pacentes ingresados con outras patoloxías.

A Policía Local da Coruña activou esta fin de semana un dispositivo especial para controlar que se cumpran na cidade as medidas establecidas para combater a expansión do virus e interpuxo desde o venres pola tarde 66 denuncias: 29 por non empregar máscara, 20 por reunirse en grupos de máis de catro persoas non conviventes, 5 por realizar botellón, 5 por fumar na vía pública ou en terrazas de locais de hostalaría sen respectar ou garantir a distancia mínima de seguridade, 4 por non respectar o peche perimetral da cidade e 3 sancións a locais de hostalaría.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión