Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de marzo de 2021

Inés Rey aposta por “cultivar” a igualdade como a única forma de vivirmos libres na entrega de medallas Emilia Pardo Bazán

A alcaldesa destacou que o Concello reafirmará a súa condición de feminista poñendo os instrumentos necesarios de cara a equilibrar a balanza

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde no acto de entrega das medallas Emilia Pardo Bazán pola Igualdade, promovidas pola Xunta de Galicia, e que nesta edición recaeron na Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-Femuro, na Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo e a título póstumo, na figura de Megumi Shiozawa. Rey sinalou que desde o Concello, "homes e mulleres reafirmamos a nosa condición de feministas para poñermos os instrumentos necesarios de cara a equilibrar a balanza".

A rexedora destacou no acto, celebrado na Audiencia Provincial, que nese camiño pola igualdade, contamos coa forza de 7.000 mulleres do agro -as de Femuro-, ourensanas e loitadoras, que, "coma elas din, cultivan 'igualdade', que é a única forma de vivirmos libres". Remarcou tamén o traballo que realizan as veciñas viguesas, que "denuncian a violencia, escriben na prensa e están na rúa, asisten a xuízos e a actos públicos coas vítimas". Por último, falou do carácter emprendedor de Megumi Shiozawa e de que o conxunto de galardoadas son tres exemplos neste 8M en que reivindicamos unha muller libre. A alcaldesa animou a que sigamos os preceptos de Pardo Bazán, que consideraba a educación como materia indispensable para o cambio: "Acompañemos esa aprendizaxe de valores nos colexios con políticas e axudas e mais con xestos como os que hoxe premiamos", indicou. "Pardo Bazán non se axustaba aos cánones da época sobre o que debía ser e facer unha muller. Tampouco disimulaba a súa superioridade, polo que a súa vida non debeu ser fácil. Mais ela, engadiu, nunca adoptou posturas vitimistas".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión