Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de novembro de 2021

Inés Rey comprométese coa hostalería ao mantemento das terrazas nas prazas de aparcamento

A alcaldesa trasladou aos hostaleiros a vontade do Goberno municipal de aprobar unha modificación da ordenanza que regule a instalación das terrazas

A alcaldesa, Inés Rey, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co sector hostaleiro para darlles a coñecer a decisión do Goberno local de manter as terrazas nas prazas de aparcamento unha vez superado o estado de emerxencia sanitaria.

O goberno formulará unha modificación da ordenanza de terrazas na que se recolla esta posibilidade, ademais de incorporar criterios de seguridade e estética que deberán cumprir todas as instalacións.

Inés Rey trasladoulles que "o obxectivo do Goberno é favorecer a actividade económica dos establecementos hostaleiros da cidade en condicións de seguridade para facer compatibles as terrazas co paso de viandantes e cuns criterios estéticos que contribúan a mellorar os barrios".

Así mesmo valorouse a posibilidade de poñer en marcha liñas de axuda ou bonificacións para adaptar os espazos xa existentes aos novos criterios e anuncioulles que o Goberno fará tamén un estudo detallado por zonas para adecuar as terrazas nas áreas peonís.

A alcaldesa recordoulles o compromiso do Goberno co sector, sendo pioneiro na posta en marcha dun Plan de Recuperación Económica e Social, o PRESCO, que permitiu mobilizar 14,4 millóns de euros e facilitar axudas a 759 hostaleiros/as que recibiron de media 1.500 euros de axuda. Para o PRESCO 2021, no que se mobilizan 6,2 millóns de euros, xa solicitaron axudas de 2.000 euros preto de 1000 hostaleiros/as. Ademais deste plan, o Concello lembra o seu compromiso co sector durante a crise mediante a redución nun 50% das taxas de auga e depuración de locais comerciais durante todo o 2021 e a eliminación das taxas das terrazas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión