Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de marzo de 2022

Inés Rey destaca a capacidade da Coruña para acoller grandes citas deportivas na véspera do España-Islandia

A alcaldesa recibiu o presidente da RFEF, Luis Rubiales, antes do partido amigable que se disputará no estadio municipal de Riazor

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu este luns en María Pita o presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, con motivo da disputa no estadio municipal de Riazor do partido amigable entre a Selección Española e Islandia. O encontro será este martes 29, ás 20.45 horas, e aínda hai entradas dispoñibles.

Inés Rey destacou a capacidade da cidade para acoller grandes citas deportivas coma este partido da selección. Lembrou ademais que o último paso de España pola cidade deulle sorte ao equipo adestrado daquela por Vicente Del Bosque. A selección xogou fronte a Bélxica no estadio municipal no 2009, gañou por 5-0 e clasificouse para o Mundial de Sudáfrica, que remataría gañando. 

"A cidade e as súas persoas afeccionadas ao fútbol estarán á altura desta gran cita", apuntou a alcaldesa, que lles agradeceu a Luis Rubiales e á RFEF a elección da Coruña para disputar este partido amigable. Será a sexta ocasión na que a selección xoga na Coruña. "Este Goberno municipal está a conseguir grandes fitos relacionados co deporte de elite. O pasado ano realizouse na cidade a Copa do Rei de Hóckey, e este 2022 seremos a sede da primeira Golden Cup, unha competición cos mellores equipos deste deporte", apuntou Inés Rey.

A alcaldesa tamén reivindicou o seu compromiso coa cidadanía que practica o fútbol nas diferentes instalacións deportivas da cidade. Lembrou que o Concello renovou o céspede de catro dos cinco campos da cidade deportiva Arsenio Iglesias da Torre por 1 millón de euros. Ademais, recentemente aprobouse a creación dun aparcadoiro público na contorna dos campos de fútbol de San Pedro de Visma, que lles permitirá ás persoas usuarias dispoñer dun espazo onde deixar os seus vehículos, algo que demandaban ata o de agora.

Por último, a alcaldesa quixo animar a cidadanía a acudir a esta cita do martes no estadio municipal de Riazor, onde a selección acudirá tras gañar en Barcelona 2-1 ante Albania.

Entradas

As entradas para asistir ao evento poden comprarse en dous formatos: de xeito individual ou en lote familiar. No caso das entradas individuais, os prezos oscilan entre 25 e 65 euros, segundo o sector e a zona escollida, e non poderán mercarse máis de seis unidades por operación. Pola súa banda, o bono familiar ten unha única tarifa de 75 euros e está composto por catro entradas: dúas infantís e unha de adulto/a como mínimo, podendo ser a restante de adulto/a ou infantil, segundo preferencia. A zona habilitada para este bono é o pavillón Inferior, polo que está suxeito á dispoñibilidade das localidades. As entradas poden adquirirse en liña, a través da web tickets.rfef.es

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión