Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xullo de 2021

Inés Rey destaca a formación académica e vital que ofrece a Universidade na presentación de Alumni UDC

A alcaldesa, que forma xa parte deste novo colectivo de antigos alumnos e alumnas, falou da satisfacción que lle supón poder axudar á institución en proxectos como a Cidade das TIC, “que nos vai facer medrar como cidade”

A alcaldesa, Inés Rey, participou este mediodía no acto de presentación de Alumni UDC, a nova Asociación de Antigos Alumnos e Alumnas da Universidade, que tivo lugar no Paraninfo da Reitoría e da que xa forma parte a rexedora. Rey sinalou que para ela, a Universidade foi unha das épocas máis importantes e que a institución "dános unha formación moi completa, tanto a nivel académico como vital". Ademais, afirmou que "A UDC é unha das mellores universidades" e insistiu na formación extra académica que a institución nos aporta, "dáche unha visión plural e ampla". Agora como ex alumna, subliñou a satisfacción que lle supón poder axudar á Universidade en proxectos de futuro como a Cidade das TIC, o seu maior reto e o proxecto que nos vai facer medrar como cidade".

A directiva da organización de Alumni UDC conta con Francisco Servia como presidente, Marcos López como secretario, e Pilar Díaz, Sandra Faginas e Elisa Pérez-Gorgoroso, como vogais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión