Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de septiembre de 2021

Inés Rey destaca a importancia de fortalecer os lazos de unión co Reino Unido na visita do seu embaixador

A alcaldesa recibiu a Hugh Elliot e a cónsul honorario deste país, María García de la Concha, nun encontro que comezou coa firma no Libro de Ouro do Concello e a entrega de agasallos no pazo de María Pita e concluíu coa ofrenda floral nos xardíns de San Carlos en homenaxe a Sir John Moore

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no pazo de María Pita o embaixador do Reino Unido, Hugh Ellliott, que estivo acompañado pola súa esposa e por María García de la Concha, cónsul honorario do Reino Unido en Galicia. O representante asinou no Libro de Ouro da Cidade e Inés Rey entregoulle unha figura de Sargadelos que representa ao xeneral Sir John Moore.

Despois, o embaixador coñeceu o salón de plenos e ambos dirixíronse aos xardíns de San Carlos, en que tivo lugar unha ofrenda floral en homenaxe ao Sir John Moore.

A alcaldesa destacou a importancia de fortalecer os lazos que nos unen co Reino Unido e mostrou a súa disposición para o que o embaixador necesite da Coruña: "As portas da nosa cidade están abertas para vostede e o seu país". Pola súa parte, Hugh Elliot agradeceulles a Inés Rey e ás autoridades a visita "extraordinaria", en que "celebramos unha cerimonia moi emotiva recordando vellos vínculos entre os nosos pobos e recreando xa a nivel personal un poema que aprendín de novo".

Durante o acto, a Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa interpretou a Marcha Militar e Hugh Elliot leu un fragmento do poema en memoria do Xeneral Sir John Moore, de Charles Wolf, interpretado tamén polo vocal de relacións internacionais da Asociación "The Royal Green Jackets", Mark Guscin. Seguidamente, colocaron unha coroa de flores diante dos restos do británico falecido na cidade e un segundo ramo coa que a Embaixada lle quixo tributar ao xeneral.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión