Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de marzo de 2021

Inés Rey destaca a importancia histórica da exposición “Os mapas e a primeira volta ao mundo. A expedición de Magallanes e Elcano”

O Instituto Xeográfico Nacional, en colaboración co Concello da Coruña, ofrece unha viaxe detallada pola expedición de Magallanes e mais Elcano, unha das maiores xestas exploradoras da historia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou xunto co delegado do Goberno, Javier Losada, a exposición que ofrece o Instituto Xeográfico Nacional na sala de exposicións de Durán Loriga, que busca revivir, cun percorrido cartográfico, os aspectos máis interesantes e salientables da primeira circunnavegación do mundo levada a cabo polo portugués emigrado a España Fernando de Magallanes e comandada de volta por Juán Sebastián Elcano.

Inés Rey destacou o labor do Instituto Xeográfico Nacional por lles ofrecer aos coruñeses e coruñesas este material dun feito histórico tan importante, que tamén se pode desfrutar dende a casa grazas á visita virtual que percorre a exposición.

A mostra ofrece un percorrido, a través dos mapas, centrándose nos puntos máis interesantes da viaxe: os antecedentes, preparativos, protagonistas principais, as rutas de navegación e incluso as consecuencias que tivo este feito histórico, que permitiu demostrar de maneira definitiva a "redondez do mundo", dito en palabras do propio Elcano nunha carta ao emperador Carlos V.

Entre as pezas que se exhiben cómpre destacar os mapas orixinais, vistas das cidades da época e reproducións de cartas náuticas ou documentos históricos que permiten crear unha imaxe máis global sobre o percorrido. Faise tamén unha mención especial á Casa da Contratación da Especiaría da Coruña, creada no 1522 co retorno de Elcano.

Dende a web do Instituto Xeográfico Nacional propoñen como alternativa unha visita virtual da exposición, que permite percorrer todos os aspectos relevantes que deixou a viaxe con información sobre cada uns dos obxectos postos en exposición.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión