Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de junio de 2021

Inés Rey destaca en Málaga o potencial cultural da Coruña como un destino turístico multiexperiencial

Salientou a oferta museística científica, única en España: “A nosa museografía é innovadora”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou na súa intervención esta mañá na feira CM Málaga a riqueza e a singularidade cultural da nosa cidade. "Desde A Coruña entendemos e defendemos o turismo cultural como unha grande oportunidade para achegar a nosa singularidade e identidade como cidade convidando a descubrir un destino de enorme riqueza patrimonial e cunha oferta cultural única e variada nun espazo facilmente transitable a pé e que conta con infraestruturas turísticas de calidade para acoller un turismo que apela aos cinco sentidos", sinalou Rey.

Inés Rey participou nunha mesa de debate sobre a dimensión turístico-cultural nas novas urbes xunto ao seu homólogo en Málaga, Francisco de la Torre, o alcalde de Logroño, Pablo Hermoso, e a alcaldesa de Teruel, Emma Buj. A alcaldesa estivo acompañada en todo momento polo vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

A rexedora apuntou que nos últimos anos "A Coruña posicionouse como un destino turístico multiexperiencial, onde a cultura é un dos seus principais reclamos". Rey salientou a oferta museística científica, única en España: "A nosa museografía é innovadora. Os nosos museos son espazos singulares en localizacións á altura dos seus contidos".

"A Casa das Ciencias é unha caixa de sorpresas no corazón dun dos pulmóns verdes da cidade, a Domus domina a baía do Orzán como unha catedral adicada ao ser humano e o Aquarium Finisterrae directamente introdúcese no Atlántico", explicou.

A alcaldesa indicou que un dos obxectivos do seu Goberno é "mellorar o posicionamento da Coruña como destino cultural e creativo, cunha proposta que responde a un profundo sentimento de responsabilidade e de visión de futuro". "Entendemos que o potencial dunha cidade como a nosa reside precisamente en facer vivir unha experiencia única, en potenciar o que somos e o que nos distingue, e iso pasa indubidablemente pola transformación dixital e a actualización constante", apuntou.

Promocionar os destinos culturais da cidade e da provincia é o obxectivo da presenza do Concello e da Deputación da Coruña na primeira edición da CM Málaga, un evento que afonda na transformación dixital de museos e centros de arte en relación coa sustentabilidade e xestión de recursos, con especial atención á recuperación do sector turístico.

O vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou que o interese que esperta a Ruta Picasso na CM Málaga responde a un nexo de especial interese entre A Coruña e Málaga: "unha relación natural de aproveitamento de sinerxias entre dúas cidades que están marcadas na biografía dun artista mundial que naceu en Málaga e pasou a súa infancia na Coruña, onde realiza a súa primeira exposición", apuntou.

Regueira, que mantivo durante estes días distintos encontros co obxectivo de promocionar distintos recursos de turismo cultural da Coruña, fixo un balance positivo da participación na CM Málaga e destacou o interese da promoción de recursos culturais para a recuperación do sector turístico "poñendo en valor os centros culturais, museos e arte pública no deseño das cidades do futuro", sinalou.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión