Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

29 de xaneiro de 2020

Inés Rey destaca o papel da Álvaro Cunqueiro como un referente na creación de emprego na cidade

A alcaldesa visitou as instalacións da escola coruñesa que dirixe a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e que xa conta con 1.200 negocios asociados

A alcaldesa, Inés Rey, visitou hoxe as instalacións da Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro da Coruña, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, onde foi recibida polo presidente da devandita entidade, Héctor Cañete, e outros membros da directiva. Rey puxo en valor o gran traballo desta asociación para "a profesionalización do sector e o alto grao de inserción laboral".

Na actualidade, a escola de hostalaría herculina logra que o 100% do seu alumnado teña un futuro laboral no sector grazas á súa formación neste centro no que todos e todas as estudantes de cociña e sala reciben formación en inglés posto que a escola está certificada para impartir as clases na lingua británica.

A escola tamén ofrece cursos específicos para as 1.200 empresas afiliadas á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría como poden ser formacións de corte de xamón ou cata de viños.

O centro conta cunha media de 1.800 estudantes cada ano que poden realizar as súas prácticas formativas en restaurantes e hoteis tanto a nivel nacional como internacional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión