Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

7 de xuño de 2020

Inés Rey e o chef José Andrés destacan o compromiso social da Coruña durante a pandemia

A alcaldesa e o cociñeiro afincado en Estados Unidos visitaron esta mañá a Cociña Económica para agradecerlle o seu labor ás 70 persoas voluntarias que participaron na iniciativa “Chefs for Spain” repartindo 41.000 menús ás familias máis vulnerables

A alcaldesa, Inés Rey, e o cociñeiro José Andrés visitaron esta mañá as instalacións da Cociña Económica, onde agradeceronlle ás 70 persoas voluntarias o labor levado a cabo durante a crise sanitaria provocada pola Covid 19 a través da iniciativa "Chefs fos Spain". Tanto a rexedora como o prestixioso cociñeiro destacaron o compromiso social da cidade durante a pandemia.

A alcaldesa, que estivo acompañada da concelleira Yoya Neira, aproveitou o encontro co chef para subliñar o traballo realizado pola concellería de Benestar Social: "O labor de Servizos Sociais foi inmenso, é un orgullo para toda a cidade; fixemos un esforzo inxente, traballando 24 horas, habilitando un albergue para as persoas sen teito, repartindo menús, atendendo ás persoas maiores dependentes e incluso axudando ás nenas e aos nenos coas tarefas escolares".

Tamén puxo de relevo o papel realizado polas entidades sociais e asociacións coas que o concello traballou durante estes meses, pois "sen a súa colaboración sería imposible axudar a tantas persoas". Engadiu que esta crise soubo sacar o mellor de todos nós e agora debemos manter este labor solidario, "porque aínda hai moitas familias que nos necesitan".

Na visita a Cociña Económica tamén estiveron presentes os cociñeiros coruñeses que lideraron na cidade o proxecto "Chefs  for Spain": Juan Crujeiras, do restaurante  Bido; Iván Domínguez, de Nado; Álvaro Victoriano, de Peculiar, e Tito Fernández, do hotel Finisterre, que cedeu a súa cociña para a elaboración e envasado dos menús. A alcaldesa e José Andrés quixeron agradecerlle o seu traballo ás persoas voluntarias que participaron nesta iniciativa, en que se repartiron 41.000 menús solidarios ás familias que se atopaban nunha situación máis vulnerable.

O persoal responsable do Banco de Alimentos foi o encargado de entregarlles os menús preparados nas cociñas do hotel Finisterre ás distintas asociacións, entre elas Pais Franciscanos, Feafes Galicia, Renacer, Reto de Esperanza, Remar, comedor social de Monte Alto e Cociña Económica. Ademais das 70 persoas voluntarias entre cociñeiras/os, camareiras/os e persoas anónimas alleas ao mundo da hostalaría, tamén participaron na distribución e repartición de menús voluntarias e voluntarios do Concello da Coruña.

José Andrés está estes días visitando distintas cidades nas que se levou a cabo o proxecto para coñecer de primeira man as necesidades de cada urbe, e saudar e agradecer o traballo das e dos voluntarias/os.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión