Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xaneiro de 2023

O xornalista Abel Peña recibiu un accésit por un artigo titulado “Méndez Núñez 100.4”

Inés Rey entrega o premio Pérez Lugín a Xavier Lamas polo seu traballo “Espello da historia entre dúas pandemias”

A temática deste ano foi ‘Desde a Terraza do xornalismo coruñés’, con motivo da celebración do centenario do espazo que albergará a sede da AESIA

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá o acto de entrega do Premio de Xornalismo Alejandro Pérez Lugín na súa LXXXII edición, celebrada no Pazo Municipal de María Pita. Rey, acompañada pola presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Vázquez, fíxolle entrega do galardón ao xornalista Xavier Lama gañador da edición, así como ao xornalista Abel Peña, a quen lle foi concedido un accésit.

A temática deste ano foi 'Desde a Terraza do xornalismo coruñés', con motivo da celebración do centenario do emblemático edifico da Terraza inaugurado no ano 1922 e que, a partir de este ano, pasará a ser a nova sede da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial. "A Terraza é, en certa maneira, a testemuña directa da evolución recente da nosa cidade e un símbolo da evolución do xornalismo, a mellor representación da nosa sociedade" explicou a rexedora.

O artigo gañador, 'Espello da historia entre dúas pandemias', firmado por Xavier Lama, relata o percorrido e usos históricos do da Terraza entre as dúas últimas pandemias: a gripe e a covid-19. Pola súa banda, o artigo 'Méndez Núñez número 100.4', firmado por Abel Peña versaba sobre o futuro da Terraza como sede da AESIA. A alcaldesa indicou que "esta edición dos premios Pérez Lugín garda un certo tinte de nostalxia, porque os artigos de Xavier e Abel, aos que dou a noraboa polo seu estupendo traballo, recollen e evocan parte da historia da Terraza, que desde o ano 1985 pasou a ser o centro emisor de Radio Televisión Española e este ano albergará a sede da Agencia Española de Supervisión e Inteligencia Artificial".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión