Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de agosto de 2020

Inés Rey esixiralle aos organismos internacionais o esclarecemento do asasinato de Diego Bello

Rey: “Debemos loitar con todas as nosas forzas para limpar o nome de Diego e levar aos seus asasinos ao cárcere. Seguiremos pelexando para que se faga xustiza”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, esixiralle aos organismos internacionais o esclarecemento do asasinato de Diego Bello e a conseguinte depuración de responsabilidades, de acordo coa declaración institucional realizada na sesión plenaria do Concello da Coruña o pasado 5 de marzo de 2020. Inés Rey xa lle pediu con anterioridade ás autoridades competentes información sobre o asasinato do coruñés en Filipinas. Agora, tras coñecer o informe elaborado pola Comisión de Dereitos Humanos da República de Filipinas, que conclúe que a Policía do país disparou deliberadamente para matar ao coruñés Diego Bello, e que ao mesmo tempo desmonta a versión do xefe da Policía filipina, o Concello da Coruña entende que as autoridades internacionais deben intervir co fin de que as persoas culpables deste suceso non queden impunes e "para limpar a memoria de Diego".

A rexedora sinala que esta intervención se realizará ou ben directamente actuando en nome do Concello da Coruña ante os devanditos organismos, ou ben reclamando ao Goberno de España dita intervención, alí onde as normas de procedemento non permitan unha actuación directa.

"Debemos loitar con todas as nosas forzas para limpar o nome de Diego Bello e levar aos seus asasinos ao cárcere. É por iso que seguiremos pelexando para que se faga xustiza e non permitiremos que as persoas culpables do seu asasinato queden impunes", asegura Rey, que tamén constatou que "faremos todo o que estea nas nosas mans para que isto se esclareza".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión