Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

23 de xullo de 2020

Inés Rey espera co escrito á Fiscalía que se esclarezan as circunstancias do traslado á cidade do Fuenlabrada e que se depuren responsabilidades en caso de habelas

A alcaldesa anunciou esta mañá que desde o concello xa presentaron as alegacións oportunas en que se dá conta dos datos obxectivos relacionados coa viaxe do club madrileño e a confirmación de casos positivos de coronavirus no equipo

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que desde o concello xa presentaron as alegacións oportunas ante a Fiscalía Provincial da Coruña en que dan conta dos feitos relacionados co partido suspendido entre o Deportivo e o Fuenlabrada do pasado luns: "É un escrito bastante extenso onde se destacan as competencias que ten o concello en materia de protección de saúde pública".

Á vista dos acontecementos, a alcaldesa sinalou que remitiron un resumo dos datos obxectivos que se sucederon desde as primeiras probas que lles realizaron aos xogadores do Fuenlabrada até a xornada de onte para pedir dilixencias de investigación co fin de que se aclare se houbo coñecemento previo da situación, xa que de saberen o rebrote: "por que non se lles comunicou ás autoridades sanitarias da comunidade de Madrid e tomaron a decisión de viaxar á cidade? Queremos que se esclarezan as circunstancias e que se depuren responsabilidades en caso de habelas, xa sexa por vía penal ou administrativa".

Canto ao seu posicionamento público no tema, Rey afirmou que "trato de facelo co máximo rigor e seguridade e, neste caso, tomei moi en serio este tema e defendín desde o primeiro momento que existe unha neglixencia", polo que "o comunicado do Consello Superior de Deportes avala a decisión do concello e dáme máis tranquilidade".

Fronte aos comentarios en que a critican por buscar protagonismo, Rey aclarou que "defendo a miña cidade e vou a facelo sempre e ante calquera". A alcaldesa engadiu que sería positivo para todas e todos que deixasen de distraer a atención do punto importante para responderen sobre que pasou e como se autorizou que viaxase o equipo madrileño con positivos até A Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión