Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2021

Inés Rey insta á Xunta a axilizar as axudas económicas aos sectores máis “golpeados” pola pandemia

A alcaldesa sinalou que “é máis necesario que nunca, debido a que agora, ademais de salvar vidas coas restricións, é vital que as axudas cheguen canto antes para que os negocios sobrevivan a estas restricións sanitarias”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, respecta a decisión da Xunta de manter as restricións durante unha semana máis, ante a situación epidemiolóxica actual. Con todo, insta a Xunta a axilizar o paquete de axudas que, segundo o presidente da Administración autonómica, xa están aprobadas e o mércores entrarán en vigor.

Rey: "É máis necesario que nunca que a Xunta axilice as axudas a persoas autónomas, en especial á hostalaría, ao sector turístico e ao comercio, debido a que agora, ademais de salvar vidas coas restricións, é vital que as axudas cheguen canto antes para que os negocios sobrevivan a estas restricións sanitarias".

"Urxe que chegue o diñeiro ás contas destas autónomas e autónomos. A Xunta ten a competencia e conta cun orzamento de máis de 11.000 millóns de euros para axudar a estes sectores. Nós, a pesar de non termos competencias, fomos os primeiros en destinarmos recursos económicos públicos a estes sectores e volverémolo a facer pero, obviamente, a administración que debe tramitar con urxencia estas axudas é a autoridade competente, a Xunta de Galicia", sinalou a alcaldesa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión