Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de novembro de 2020

Inés Rey insta á Xunta a pór en marcha medidas económicas urxentes para evitar a quebra da hostalaría

“Pedimos medidas xustas, equilibradas e proporcionais. Medidas anunciadas con antelación suficiente para evitar que os negocios sufran perdas imprevistas, como ocorreu a pasada fin de semana” “A Xunta ten que ofrecer xa alternativas económicas ás persoas afectadas polos novos peches"

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, insta á Xunta a pór en marcha medidas urxentes para evitar a quebra dos negocios da hostalaría, tras as restricións anunciadas hoxe polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A rexedora mostra o seu total apoio ao sector hostaleiro que apunta, "está sufrindo de modo directo as consecuencias das limitacións impostas pola pandemia".

Rey lamenta que a Xunta tome medidas que afectarán ao sector hostaleiro,  "sen anunciar en paralelo axudas económicas ante a perda de actividade. Non podemos condenar a un sector enteiro sen ofrecerlles ao mesmo tempo unha saída".

A alcaldesa esixe medidas "xustas, equilibradas e proporcionais". E advirte que estas restricións deben ser anunciadas con antelación suficiente para evitar  que os negocios teñan perdas imprevistas, como ocorreu a pasada fin de semana. "A Xunta ten que ofrecer xa alternativas económicas ás persoas afectadas polos novos peches."

Sinala, ademais, que a implantación de medidas contra a Covid non pode converterse nun castigo arbitrario para as e os afectados, xa que, por exemplo, as e os hostaleiros "non teñen ningunha posibilidade de manteren os seus ingresos á marxe dos seus negocios".

Por outro lado, entende que estas restricións tamén afectarán a sectores como o dos mercados de abastos e á propia Lonxa.

Insiste en que sen o preciso apoio económico, a Xunta contribuirá a converter a crise sanitaria nunha crise económica sen precedentes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión