Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de febreiro de 2023

Inés Rey, no Día Mundial contra o Cancro: “A loita contra a enfermidade pode e debe ser colectiva”

A alcaldesa tomou parte no lazo humano verde, de carácter solidario, promovido esta mañá na praza de María Pita pola Asociación Española contra o Cancro (AECC)

A praza de María Pita acolleu esta mañá o acto conmemorativo polo Día Mundial contra o Cancro, unha iniciativa promovida pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) e na que a alcaldesa, Inés Rey, tomou parte no gran lazo humano verde, de carácter solidario, conformado hoxe en apoio ás persoas que padecen a enfermidade.

Varios centenares de coruñesas e coruñeses participaron nesta iniciativa, de carácter nacional e que dá continuidade a programación de actividades plantexadas pola AECC co obxectivo de involucrar a persoas, empresas e institucións na loita contra a enfermidade.

Inés Rey, acompañada polo presidente de AECC Coruña, Manuel Aguilar; diversos membros da corporación municipal; e o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor; instou a facer fronte ao cancro de forma conxunta, "co apoio de todas as Administracións públicas, porque esta loita pode e debe ser colectiva".

A alcaldesa felicitou, ademais, á Asociación Española contra o Cancro, que no vindeiro mes de marzo cumprirá 70 anos de historia, recoñecendo a importante labor que se desenvolve desde a entidade en termos de sensibilización e visibilización. Neste sentido, a principal meta da AECC é que a taxa nacional de supervivencia ao cancro chegue ao 70 % no ano 2030.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión