Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2021

Inés Rey: “O Consello de Participación Infantil permitirá dar voz as propostas do alumnado para mellorar a cidade”

A alcaldesa participou na gala solidaria do Festival Intercentros que reuniu a 350 nenas e nenos de 18 centros educativos da cidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, amosou esta tarde o seu apoio ao Festival Intercentros na gala celebrada no Teatro Colón. Este espectáculo reuniu a 350 nenas e nenos dos centros educativos da cidade e supuxo o retorno á actividade do evento tras a pandemia.

O Festival Intercentros celebrouse este sábado en dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde, e con menos participantes do habitual para respectar as recomendacións sanitarias. O Concello da Coruña colabora activamente coa realización deste evento contribuindo á organización da gala. A recadación íntegra destinouse este ano as asociacións Aspace e Cáritas. Esta última tivo durante toda a xornada un posto de recollida de alimentos no propio Teatro Colón.

Inés Rey quixo agradecer aos responsables do Festival Intercentros a organización deste evento tan vencellado á cidade, e que permite dar voz aos nenos e nenas da cidade. Neste senso destacou o compromiso do seu goberno co alumnado ao decidir poñer en marcha un Consello de Participación Infantil e Xuvenil "para que os máis pequenos poidan aportar a súa visión e ideas para contribuir a mellorar o futuro da cidade".

Nesta edición participaron nenas e nenos de 18 institucións educativas da cidade e outras cinco organizacións sociais e públicas. Ademais, as alumnas e alumnos que non puideron asistir gravaron as súas actuacións e os vídeos foron proxectados no Teatro Colón. Como é habitual, o evento tivo tres formatos de actuación: directo, canción e coreografía.

Como novidade, o Festival Intercentros púidose seguir a través de Internet en directo. Inés Rey destacou o traballo de entidades como Aspace e Cáritas ás que se destinado o recaudado no evento e sinalou que espera que esta gala recupere o próximo ano a súa localización habitual, o Coliseum da Coruña.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión