Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de setembro de 2020

Inés Rey: “Os Franco devolverán o Pazo de Meirás e loitaremos para que devolvan a Casa Cornide”

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, hoxe faise xustiza a unha anomalía histórica e devólveselle ao pobo un ben que expoliaron os Franco durante a Ditadura: “Isto proba que os Franco actuaron impunemente durante a Ditadura ao facérense con bens públicos coma no caso de Meirás ou da Casa Cornide a través de simulacións que favorecían a quen foi pola forza o Xefe do Estado durante case 40 anos”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, amosou hoxe a súa satisfacción tras coñecer o veredicto do Xulgado de Primeira Instancia da Coruña no que anula a "simulada" compra do Pazo de Meirás por parte do ditador Francisco Franco. O Concello da Coruña é parte demandante neste proceso (en calidade de parte coadxuvante adhesiva da demanda da Administración Xeral do Estado).

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, hoxe faise xustiza a unha anomalía histórica e devólveselle ao pobo un ben que expoliaron os Franco durante a Ditadura. "Isto proba que os Franco actuaron impunemente durante a Ditadura ao facérense con bens públicos coma no caso de Meirás ou no caso da Casa Cornide a través de simulacións que favorecían a quen foi pola forza Xefe do Estado durante case 40 anos".

Deste xeito, a familia Franco deberá devolverlle ao patrimonio público o Pazo de Meirás e, pola súa banda, a alcaldesa lembra que o concello está levando a cabo dous estudos paralelos, un xurídico-histórico e outro histórico-artístico, para reclamar por vía xudicial a Casa Cornide, que se adquiriu seguindo o mesmo modus operandi que en Meirás.

A rexedora sinalou que "este goberno está a traballar desde o primeiro día para restablecer a memoria histórica e para que se faga xustiza coas vítimas da Ditadura. A sentenza  do pazo de Meirás é algo histórico polo que supón". Traballo que está a coordinar o concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, e que tras o fallo de hoxe seguirá a realizar con máis ímpetu se cabe.

Segundo lle notificou Co concello o Xulgado de Primeira Instancia da Coruña Nº1, o inmoble localizado en Sada foille "regalado" en 1941 ao Xefe do Estado, non ao ditador a título persoal. A compravenda de 1941 coa que o ditador conseguiu inscribir o título no rexistro da propiedade foi, segundo a sentenza, unha "simulación", polo que debe ser anulada.

A maxistrada entende que a compra que realiza Franco, coa intermediación de Pedro Barrié de la Maza, foi unha "ficción levada a cabo só co obxecto de poñer o ben ao seu nome". Isto, entende o Goberno local, é un caso moi similar ao acontecido coa suposta poxa da Casa Corinde, outra ficción, entende Inés Rey, pola que loitará para lles devolver aos coruñeses e ás coruñesas este ben inmoble público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión