Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de junio de 2020

Inés Rey participa nunha reunión da FEGAMP para determinar as medidas preventivas durante as eleccións autonómicas

A rexedora asegura que “urxe poñerse a traballar neste protocolo de organización dos comicios, que deberá ser moi exhaustivo á hora de previr o contaxio da Covid-19 entre a veciñanza”

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde nunha reunión telemática da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) xunto a outros rexedores dos principais concellos galegos, co fin de determinar as medidas preventivas necesarias para a celebración das eleccións autonómicas o vindeiro 12 de xullo.

Rey asegura que "urxe poñerse a traballar neste protocolo de organización dos comicios, que deberá ser moi exhaustivo á hora de previr o contaxio da Covid-19 entre a veciñanza".

Os municipios galegos, representados pola FEGAMP, sinalan as dificultades que a Covid-19 lles xenera na organización dos comicios e aseguran que lles urxe traballar nas cuestións non resoltas no protocolo que elaborou a Xunta de Galicia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión