Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2020

Inés Rey pídelle ao Goberno central que investigue a venda da antiga Alcoa ao Grupo Riesgo

A alcaldesa da Coruña asegura que cómpre coñecer todos os pormenores desta operación co fin de garantir a continuidade desta industria na cidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reclámalle ao Goberno central que investigue de xeito exhaustivo a venda da antiga Alcoa por parte de Parter Capital ao Grupo Riesgo. "Trasladáronnos informacións que xa ten tamén o Goberno de España que indican que resulta necesaria esta investigación ", expresou Inés Rey.

"Parécenos urxente que o Goberno utilice todos os resortes ao seu alcance para investigar este proceso de venda e tomarmos as medidas que garantan a continuidade desta industria", engadiu a rexedora.

Ademais, Inés Rey recordou que Parter Capital debe considerar os acordos acadados coa antiga Alcoa na venda que lle realizou ao Grupo Riesgo.

A alcaldesa manifestou que a planta necesita un "comprador fiable e solvente" que garanta o plan industrial, o emprego e a continuidade desta importante industria, nun sector que, na súa opinión, "ten futuro e é rendible". Recordou que "existen varios grupos interesados e cómpre buscar unha empresa de fiar e solvente que se poña á fronte destas instalacións". Rey tratou este asunto coa alcaldesa de Avilés, Mariví Monteserín, e desde o Goberno municipal manteñen unha comunicación constante co comité de empresa para coñecer os detalles da situación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión