Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de septiembre de 2022

Inés Rey pon en valor o traballo dos profesionais policiais e do xornalismo, “pola súa capacidade de traballo a pé de rúa, escoitando á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña tomou parte esta tarde no acto de entrega dos premios que a Fundación Española outorga aos traballadores dos medios de comunicación

O Palexco acolleu esta tarde o acto de entrega dos premios xornalísticos da Fundación Española 2022, unha celebración levada a cabo no marco dos actos centrais polo Día da Policía que, desde o pasado xoves 22 e ata este mércores, teñen lugar na cidade.

A alcaldesa, Inés Rey, recalcou o agradecemento do Goberno municipal ao Ministerio de Interior á hora de escoller A Coruña como o fogar dos actos programados de cara a esta edición do Día da Policía, e puxo en valor "o traballo dos profesionais policiais como servizo público esencial para coidar da cidadanía".

Neste sentido, e co gallo da entrega de premios aos traballadores dos medios de comunicación, a rexedora tamén se achegou á relación entre a Policía e os xornalistas. "Parte da identidade destes premios reside na capacidade de comprensión e respecto mutuo entre dous gremios que teñen moitos puntos en común, porque traballan a pé de rúa, escoitando á cidadanía, sendo testemuña directa dos seus problemas e necesidades nun mundo que vive en evolución permanente".

Seis persoas premiadas

No acto de entrega dos premios, a alcaldesa estivo acompañada polo Ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska; o Secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez; o Delegado do Goberno, José Miñones; a Subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; así como polo Director Xeral da Policía, Francisco Pardo; e o Director Adxunto Operativo, José Ángel González.

Nesta edición dos premios xornalísticos da Fundación Española homenaxeouse a seis persoas: 

  • Categoría de prensa escrita e dixital: Pablo Díaz Almoguera, pola reportaxe 'En el Hollywood de la Policía Nacional: No cojas cariño al de rojo, es el que va a morir', no que destaca o traballo do Grupo de Infografía Forense da Comisaría General de Policía Científica.
  • Categoría de radio: Manuel Marlasca García, polo podcast 'Operación Moon' publicado na plataforma Sonora, en oito capítulos, e no que narra a detención do violador de La Paz; Álvaro Gómez Casado, pola reportaxe 'Escuela Nacional de Policía: 35 años de Historia', emitido no magacine Más de Uno, de Onda Cero Segovia.
  • Categoría de televisión: Elena García Cedillo e Susana de Alonso Cuenllas, pola produción titulada 'Fugitivos, La paciencia del cazador', de cinco episodios, que amosa o traballo executado polos profesionais do Grupo de Localización de Fugitivos da Policía Nacional.
  • Aos valores humanos: Luis Muñoz Mero, policía nacional, destinado na Brigada Provincial de Seguridad Ciudadana da Xefatura Superior de Madrid, Grupo de Atención al Ciudadano, distrito centro, pola súa actuación na que socorreu a un cidadán que se precipitou ás vías do tren na estación de cercanías de Embajadores, en Madrid.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión