Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de diciembre de 2020

Inés Rey: “Queremos converter o Castro de Elviña no gran parque cultural da cidade”

O Goberno local construirá un centro de visitantes e o peche perimetral do xacemento

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá durante su visita ao castro de Elviña que a intención do Goberno local é "facer do Castro o gran parque cultural do interior da cidade". Apostamos, dixo, "por pór en valor o Castro de Elviña e a súa contorna, afrontando as melloras necesarias para convertelo non só nun lugar de estudo do noso pasado, senón tamén nunha infraestrutura social para a veciñanza, con grandes posibilidades turísticas".

A alcaldesa explicou que o Goberno local pretende abrir o xacemento ao público a diario, para así "darlle visibilidade á gran xoia oculta da Coruña e socializar o seu uso" coa ollada posta nos visitantes, pero tamén na veciñanza da cidade, en especial a de Feáns, Mesoiro, Novo Mesoiro e Elviña.  "É unha das actuacións máis importantes da rede verde que queremos impulsar para o cinto exterior da cidade e nela traballan as concellerías de Urbanismo, Medio Ambiente e Cultura", apuntou.

"Trátase dunha aposta pola cultura, como eixe de atracción turística, pero tamén polos espazos públicos e as zonas verdes. Por iso, o Concello acondicionará os terreos de titularidade municipal mediante sendas e mobiliario para abrilo ao público de maneira adecuada e digna, con accesibilidade e indicativos, así como mellorando a visibilidade do castro desde a contorna e mesmo incorporando hortas de uso veciñal". A alcaldesa indicou que o inicio desta fase é inminente e, de feito, neste mandato xa se realizaron actuacións imprescindibles como a eliminación do tendido eléctrico.

Por outra parte, hai dous proxectos xa en fase avanzada que son básicos para poñer en valor o castro e para os que o Goberno local propoñerá un pacto ao resto de forzas políticas: a construción dun Centro de Visitantes e o peche perimetral que permita diferenciar ben as parcelas particulares das públicas e a área de protección do castro co resto. Máis adiante, e sempre respectando a contorna, se estudará a construción dun aparcadoiro próximo

Inés Rey sinalou que "a proposta de socialización é perfectamente compatible coa continuidade dos traballos arqueolóxicos, nos que participan as universidades galegas e que confirman que estamos ante un dos parques arqueolóxicos máis importantes do noroeste, un valor que a cidade non difundiu nin aproveitou como merece". "Cremos que é hora de apostar por el, porque suporá un impulso económico e social para varios barrios da cidade e para a imaxe e o patrimonio da Coruña", rematou a alcaldesa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión