7 de febreiro de 2025
A alcaldesa subliñou a importancia deste tipo de encontros para seguir avanzando na igualdade e fomentar o liderado feminino
A alcaldesa, Inés Rey, deu esta tarde a benvida no Palacio Municipal de María Pita a convidadas, relatoras e persoas membro da Comisión Organizadora do Congreso 'Inspiring Women Leaders'. Durante a súa intervención, destacou a tradición feminista da cidade e a súa vinculación histórica co liderado feminino. "É un pracer recibiros na nosa cidade con motivo do Congreso 'Inspiring Women Leaders', unha urbe que ten nome feminino, tradición feminista e unha historia internacional vinculada, tamén, ao liderado das mulleres", expresou Rey ao inicio do seu discurso.
Inés Rey subliñou a importancia deste tipo de encontros para seguir avanzando na igualdade e fomentar o liderado feminino e convidou ás asistentes a gozar da Coruña e da súa riqueza cultural e patrimonial: "Non abonda con recoñecer os logros do pasado, debemos seguir construíndo un futuro no que a equidade e a diversidade sexan piares fundamentais".
O Congreso 'Inspiring Women Leaders' reúne a destacadas profesionais de distintos ámbitos co obxectivo de xerar redes de apoio, compartir experiencias e seguir abrindo camiños cara á igualdade.
25 de marzo de 2025
25 de marzo de 2025
25 de marzo de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible