Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de abril de 2021

Inés Rey: “Seguiremos traballando por non lle privar á cidadanía dunha parte fundamental na súa formación como é a cultura”

A alcaldesa presentou a obra “El príncipe constante”, de Calderón de la Barca, que a Compañía Nacional de Teatro Clásico representará mañá e o sábado, ás 19.30 horas, no Teatro Rosalía Castro dentro do Ciclo Principal

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá xunto co director do Teatro Rosalía, Paulo Rodríguez, a obra "El príncipe constante", de Calderón de la Barca, que a Compañía Nacional de Teatro Clásico representará mañá e o sábado, ás 19.30 horas, dentro do Ciclo Principal. Acompañada do director da agrupación, Lluís Homar, o actor Arturo Querejeta, e a actriz Beatriz Argüello, a rexedora falou de excelencia como un termo que constatan as propostas escénicas que se presentan no Rosalía, que xa de por si é unha referencia. Engadiu que a excelencia leva ao prestixio e que o prestixio da cidade é o que provoca que unha compañía do nivel da CNTC escolla A Coruña como primeira itinerancia de "El príncipe constante". Rey lembrou a relación frutífera que garda A Coruña coa institución e destacou que a obra supón unha reflexión sobre a condición humana, a liberdade fronte ao destino e o compromiso ético.

Rey indicou que igual que o príncipe, a cidade tamén é constante no seu apoio ao sector cultural e na loita por recuperarmos unha normalidade ansiada: "O Rosalía foi un dos primeiros teatros en retomar a súa actividade e seguiremos traballando por non lle privar á cidadanía dunha parte fundamental na súa formación como é a cultura".

Pola súa parte, o director do Rosalía, Paulo Rodríguez, explicou que se trata da primeira produción da agrupación con Lluís Homar á fronte, unha peza apalabrada desde hai tempo nesa procura do Concello por manter acesa a chama das artes escénicas e por ter unha programación regular e de calidade.

O propio Homar falou da necesidade de tomarmos consciencia da dimensión que ten a obra de Calderón de la Barca e que na proposta de Xavier Albertí o máis importante son o texto e a palabra, "a vontade de facer chegar a historia tal e como a pensou Calderón". Neste aspecto, Beatriz Argüello remarcou que na posta en escena deixan espazo para que as persoas espectadoras sintan, escoiten e imaxinen e, por último o seu compañeiro de reparto, Arturo Querejeta, matizou que na España tan difícil de Calderón, este foi quen de entrar no barroco para nos dar un camiño para seguir de cara a conseguirmos a liberdade.

As persoas interesadas en asistir á montaxe poden adquirir as súas entradas a través da web https://corunacultura.sacatuentrada.es/ ou no despacho da praza de Ourense, de luns a xoves, das 10.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00 horas. Os venres abren das 10.00 ás 15.00 horas. O teatro tamén despachará localidades os días das funcións, das 16.00 ás 20.00 horas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión