Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de diciembre de 2021

Inés Rey, sobre o AVE a Galicia: “Rematan 16 anos de obras e de agarda por unha infraestrutura que mudará completamente a conectividade de Galicia e da Coruña”

A alcaldesa, que acompañou ao presidente do Goberno e ao Rei, Felipe VI, na primeira viaxe do AVE a Galicia, destacou a mellora para a cidade que supón que a viaxe entre A Coruña e Madrid baixe das catro horas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañou esta mañá ao Rei de España, Felipe VI, e ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na viaxe inaugural do tren de alta velocidade, que por primeira vez dá servizo a Galicia e que supón, para os coruñeses, unha redución significativa nos tempos de viaxe en ferrocarril entre A Coruña e Madrid. 

"Desde mañá mesmo os coruñeses poderán chegar a Madrid en menos de 4 horas, acurtando en máis de unha hora o tempo de viaxe actual", indicou Rey. 

A alcaldesa puxo en valor os importantes cambios nas infraestruturas de transportes levados a cabo polo executivo central na actual lexislatura, cambios que permitiron impulsar a construción da estación intermodal, poñer en marcha a construción do enlace ferroviario con Langosteira e reducir á metade dos custos da portaxe na AP-9 para os usuarios e as usuarias.  

"Hoxe é un día moi relevante para a conexión da nosa comunidade con Madrid. Rematan 16 anos de obras e de agarda por unha infraestrutura que mudará completamente a conectividade da comunidade e da Coruña e tiña que formar parte deste momento", indicou a alcaldesa tras percorrer o tramo de acceso a Galicia a bordo do novo tren de alta velocidade. 

Rey, que acompañou tamén á ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, explicou cal será a seguinte fase na implantación da alta velocidade: "A Coruña quedará conectada por alta velocidade de forma directa e temos o compromiso de que será no ano 2022, aproximadamente durante o verán, cando finalicen as probas que xa se están a levar cabo", indicou a alcaldesa.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión