Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2022

Inés Rey visita a refinaría de Repsol e constata os avances cara a un modelo enerxético descarbonizado nas instalacións

A alcaldesa percorreu o complexo xunto cos seus responsables para coñecer de primeira man todos os proxectos abertos de transición enerxética

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou esta mañá as instalacións da refinaría de Repsol. Estivo acompañada pola directora do complexo industrial, Natalia Barreiro, e diferentes responsables do complexo. O obxectivo deste encontro foi coñecer de primeira man o funcionamento actual da refinaría e os proxectos abertos pola empresa en materia de transición enerxética.

Inés Rey constatou o traballo que leva a cabo Repsol para introducir na Coruña un modelo enerxético descarbonizado dentro da transformación industrial na que se atopa o complexo para cumprir co obxectivo da empresa de ser unha compañía cero emisións no 2050. Durante a visita, foi informada dos traballos e investimentos que se están a realizar durante a actual parada programada de catro unidades da refinaría. Isto permitirá incrementar a produción de biocombustibles de baixa pegada de carbono.

Inés Rey apuntou durante a visita o compromiso do seu Goberno municipal coa sostibilidade e reducir o máximo posible as emisións de todas as instalacións situadas no termo municipal da Coruña. "A aposta polas enerxías renovables non ten volta atrás e desde este Concello estamos plenamente comprometidos coa descarbonización e a Axenda 2030, da que A Coruña é pioneira, entre as administración galegas, en participar nela", sinalou a alcaldesa.

A alcaldesa visitou a nova unidade de obtención de propileno posta en funcionamento o ano pasado e tamén a sala de control de Nostián, desde onde se controlan todos os parámetros de operacións das 40 unidades do complexo industrial.

Ademais, durante a súa visita á factoría coruñesa Inés Rey coñeceu tamén os detalles do proxecto de instalación do novo poliducto que unirá o porto exterior coa refinería, obra actualmente en marcha e que permitirá eliminar os tráficos potencialmente perigosos da ría. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión