Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de marzo de 2021

Inés Rey visita o peirao de Trasatlánticos e insta á Autoridade Portuaria a avanzar conxuntamente na apertura aos cidadáns das superficies portuarias en desuso

A alcaldesa valora positivamente o cambio de actitude do ente público para facilitar a integración da fronte marítima na malla urbana, tal e como demanda o Goberno municipal. A rexedora subliñou o día de hoxe como “un día importante para a cidadanía da Coruña, despois de tantos anos cos peiraos pechados, a partir de hoxe as coruñesas e os coruñeses volven desfrutar do seu porto e desta magnífica vista da cidade aberta ao mar”.

A alcaldesa, Inés Rey, acudiu esta mañá ao peirao de Transatlánticos tras a apertura provisional, hoxe, dunha superficie que leva máis dun ano sen uso por mor da pandemia e da cancelación de cruceiros. Rey estivo acompañada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, durante a súa visita. A rexedora valorou positivamente o cambio de actitude por parte do ente público que xestiona o porto e a súa boa disposición a facilitar o acceso aos cidadáns aos espazos portuarios en desuso polo traslado da actividade a Langosteira. "Agardo que este xesto teña continuidade e que o provisional pase a ser definitivo sen máis atrancos, non ten sentido que espazos que xa non teñen uso portuario sigan pechados aos veciños", indicou Rey.

A rexedora subliñou o día de hoxe como "un día importante para a cidadanía da Coruña, despois de tantos anos cos peiraos pechados, a partir de hoxe as coruñesas e os coruñeses volven desfrutar do seu porto e desta magnífica vista da cidade aberta ao mar". Rey quixo destacar o traballo constante e a cooperación das administracións que están a traballar polo futuro da Coruña.

A alcaldesa destacou a importancia de seguir o camiño marcado o pasado 23 de febreiro na reunión convocada polo Goberno municipal en María Pita, a primeira na que participaron todas as partes implicadas na reconversión e integración dos peiraos urbanos. "Dese encontro non só xurdiu o compromiso por parte do Goberno de aportar financiamento á conexión ferroviaria co porto exterior, senón tamén unha solución para garantir a viabilidade económica da Autoridade Portuaria, é de xustiza que agora esta acelere a apertura dos peiraos", explicou Rey, quen recordou que a incorporación definitiva deses peiraos á cidade é esencial para ampliar os espazos públicos e, con eles, mellorar a mobilidade e a calidade de vida dos cidadáns.

"Despois de 18 anos este Goberno puxo as bases para acabar cun problema enquistado, agardo que todas as Administracións implicadas estean á altura e aporten facilidades para acadar o noso obxectivo, que non é outro que contar cun porto más competitivo e permitir que a cidade chegue por fin ata o mar. A apertura temporal de Transatlánticos é un paso positivo, mais queda moito por facer para acadar ese obxectivo", indicou Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión