Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2021

Lista de persoas admitidas e excluídas no proceso de admisión das Escolas Infantís Municipais para o curso 2021-2022

Ábrese un prazo para corrixir a documentación desde mañá 13 de abril ata o día 26 de abril.

Pódese consultar a lista completa no documento adxunto. No caso das persoas excluídas, inclúese a motivación da súa exclusión. Fronte a esta lista ábrese un prazo, do 13 ao 26 de abril, para que, no caso que corresponda, se poida emendar a documentación presentada. De non facelo, considérase que se desiste da petición.

A documentación requirida deberá presentarse, preferiblemente, a través do rexistro electrónico do Concello (Sede electrónica do Concello da Coruña), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei do procedemento administrativo.

Debido ás indicacións sanitarias por mor da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa (cita previa (coruna.gal).

Enderezos:

* Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita previa (coruna.gal)

* Rexistro Auxiliar A Franxa. rúa da Franxa, 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita previa (coruna.gal)

* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita previa (coruna.gal)

* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora, s/n C.P. 15010, A Coruña. (Cita previa (coruna.gal)

Documentos relacionados

  • Lista de persoas admitidas e excluídas no proceso de admisión da REIM para o curso 2021-22 (460 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión