13 de marzo de 2025
O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, lembrou que, desta forma, finaliza o litixio mantido coa concesionaria de Nostián a consecuencia da anulación xudicial dos acordos do 2011
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, detallou este xoves no Pleno o acordo acadado con Urbaser para dar por finalizado o litixio mantido coa concesionaria de Nostián a consecuencia da anulación xudicial dos acordos do 2011.
Lage lembrou que, en novembro de 2023, o Concello iniciou o procedemento administrativo para reclamarlle a Albada, concesionaria da planta de residuos de Nostián, a cantidade correspondente ao sobrecusto de xestión dos residuos entre os anos 2011 e 2018. Esta contía foi asumida polo Concello, mais tal e como sentenciou o Tribunal Superior de Xustiza, o custo de tratamento dos residuos rexeitados debía ser asumido pola concesionaria.
A este respecto, e tal como informou Lage a semana pasada, o Concello chegou a un acordo transaccional con Urbaser, coa que se negociou para poñer fin á vía xudicial e que reintegre 8,3 millóns ao Concello, recoñecendo así seu dereito a compensación.
Dito acordo extraxudicial vén de ser homologado polo Contencioso Administrativo número 2 da Coruña, que considera os termos do acordo axeitados "non apreciándose vicio alguno de ilegalidad nin lesión de interese público nin de terceiros", tal e como detalle o auto asinado polo xuiz. Dito acordo permitirá ao Concello, explicou Lage, ingresar unha cantidade superior ao custe total das obras de reurbanización dos Cantóns posta en marcha esta semana. "Non só acabamos cun problema que vén de moi atrás, senón que garantimos un ingreso de 8,3 millóns de euros que permitirá investir en obras e servizos nesta cidade", indicou Lage.
20 de marzo de 2025
24 de febreiro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible