Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de febreiro de 2020

Máis de 4.600 escolares forman unha cadea humana polo Día da Paz e a Nonviolencia

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, tamén quixo formar parte desta cadea humana que se tivo que aplazar desde o pasado xoves ata hoxe por mor das condicións meteorolóxicas

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta mañá á gran cadea humana que formaron máis de 4.600 escolares dunha vintena de centros educativos da comarca da Coruña ao longo do Paseo Marítimo ata chegar á contorna da Torre de Hércules. Alí, na rotonda de Breogán, o pequeño Iago, un alumno do CEIP de Ombre de Pontedeume, deu lectura ao manifesto pola paz.

Facendo alusión ao obelisco do Millenium, o manifesto poñía en voz de Iago: "Unimos as nosas mans desde o Millenium, erixido para conmemorar o século XXI, un século que queremos sexa de Paz en todo o mundo e, con elas, fixemos unha onda que quere ser océano de ilusión, dun soño posible para todas as persoas de calquera cultura, crenza ou ideas baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade".

A iniciativa, na que colaborou o concello, foi impulsada polo equipo de biblioteca do CEIP Raquel Camacho da Coruña.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión