Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2022

Máis de 5.000 mulleres participarán este domingo na Coruña nunha nova edición da Carreira da Muller

A alcaldesa, Inés Rey, destaca a implicación da cidadanía coruñesa nesta multitudinaria proba, para a que xa non quedan dorsais

A Coruña volverá a vivir este domingo unha multitudinaria proba da Carreira da Muller. A organización do evento, coa que colabora o Concello, acaba de confirmar que xa están esgotados os dorsais; polo tanto, máis de 5.000 mulleres participarán na proba.

A carreira comezará ás 10.00 horas na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, onde tamén se situará a meta, e contará cun percorrido de 6 quilómetros; ao remate, haberá unha sesión de adestramento aeróbico, tamén en Riazor. Para aquelas persoas que non puideran conseguir o seu dorsal, a proba poderá disputarse de maneira virtual. Ademais, aínda se pode colaborar co dorsal solidario a favor de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia). Os dorsais poderán recollerse en Palexco este venres e sábado, en hroario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, amosouse moi satisfeita da resposta da cidadanía ante esta nova edición da Carreira da Muller. "É unha honra que A Coruña volva, un ano máis, a esgotar os dorsais para participar nesta proba. A nosa é unha cidade comprometida e unha cidade chea de mulleres valentes", sinalou a rexedora.

Antes da saída celebrarase unha homenaxe á adestradora de patinaxe Rosa María García, do club Maxia, e á árbitra e atleta María Eugenia Gil polas súas traxectorias profesionais. Todas as mulleres participantes lucirán o dorsal 016, número de teléfono de atención ás vítimas de violencia machista.

Os obxectivos desta proba son incorporar as mulleres de todas as idades á práctica habitual do deporte, loitar contra o cancro e concienciar sobre a súa prevención, promover hábitos de vida saudables e combater a violencia de xénero e as desigualdades entre homes e mulleres. A organización realizará unha doazón ao final do circuíto de 75.000 euros á Asociación Española Contra el Cáncer, aumentando a cifra achegada no 2021. Tamén se continuará apoiando a tres fundacións centradas na protección da muller: Wanawake Mujer, Fundación GEICAM e Clara Campoamor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión