Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de septiembre de 2022

O Concello reordena a rúa da Palloza, sumando 12 novas prazas de aparcadoiro

Máis de 50.000 persoas participaron na Semana Europea da Mobilidade, que remata hoxe con actividades en San Andrés

A alcaldesa percorreu a rúa San Andrés neste Día Mundial sen Coches para amosar o compromiso do seu Goberno coa mobilidade peonil e sostible

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta tarde nunha das últimas actividades da Semana Europea da Mobilidade organizada polo Concello da Coruña. Neste Día Mundial sen Coches a rexedora quixo estar presente no peche temporal da rúa San Andrés, onde acudiu xunto ao concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego.

A alcaldesa destacou a ampla aceptación coa que conta a peonalización temporal desta rúa durante os sábados e os domingos. "A nosa decisión de pechar durante varias xornadas ao mes este espazo tan emblemático da cidade tivo moi boa acollida. Pouco a pouco, continuamos a avanzar no modelo de mobilidade que buscamos para A Coruña", sinalou a rexedora.

Este xoves a rúa San Andrés estivo cortada ao tráfico desde as 15.30 ata as 20.30 horas. Este acto contou coa actuación musical do grupo 'El acorde Secreto'. "San Andrés vive en xornadas como a de hoxe unha gran transformación. Continuamos a gañar espazos para a xente e a facer desta unha cidade máis amable", engadiu Inés Rey.

A rexedora congratulouse do gran número de asistentes ás actividades organizadas polo Concello nesta Semana Europea da Mobilidade. Segundo as estatísticas, máis de 50.000 persoas acudiron aos actos celebrados en diferentes puntos da cidade na última semana. Ao Día da Bicicleta do pasado domingo acudiron máis de medio milleiro de participantes e mobilizou a numerosas familias na praza de María Pita. Tamén houbo unha ampla participación na edición especial da Friday Mobility Night.

Reordenación da rúa da Palloza

O Concello da Coruña continúa a levar a cabo actuacións en diferentes barrios e rúas da cidade de cara a mellorar a circulación e ofrecer melloras aos condutores e condutoras. Nesta ocasión, realizouse unha reordenación da rúa da Palloza, na contorna de Catro Camiños, que pasa a ser dun só sentido de circulación, en dirección á costa da Palloza. 

O obxectivo desta actuación é mellorar a calidade do tráfico nesta rúa, onde era habitual atopar vehículos aparcados en dobre fila. Ademais, grazas á instalación de prazas de aparcadoiro en batería, conseguiuse incrementar o número de espazos de estacionamento, pasando de 16 prazas de rotación de vehículos a 23 prazas de rotación, unha para persoas con mobilidade reducida e catro para motocicletas.

Esta actuación vai en consonancia con outras levadas a cabo recentemente na avenida dos Mallos e na rúa Rei Abdullah, onde tamén se incrementaron as prazas de aparcadoiro e, como consecuencia, mellorou a calidade do tráfico.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión