Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de octubre de 2022

En total 52 establecementos da cidade ofrecerán 60 tapas

Máis de 50 locais participarán no XVIII Concurso de Tapas Picadillo en novembro

O evento gastronómico volve á cidade entre o 3 e o 13 do próximo mes

Entre o 3 e o 13 de novembro A Coruña acollerá a edición número XVIII (18) do Concurso de Tapas Picadillo, un evento que contribúe cada ano á posta en valor do gran potencial gastronómico da cidade. Esta iniciativa, promovida polo Concello da Coruña a través do Consorcio de Turismo e Congresos, conta coa colaboración de Hostalería polo Clima, Estrella Galicia e Asociación de Celíacos. Todas as tapas que se elaboren para este concurso deben prepararse de modo artesanal, destacando o produto galego, preferiblemente produtos quilómetro cero ou pertencentes a unha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida de Galicia.

"Cun outono cargado de propostas gastronómicas de alto nivel, A Coruña reforza a súa posición como destino gastronómico", indicou na presentación do XVIII Concurso de Tapas Picadillo o primeiro tenente de alcaldesa, o concelleiro de Relacións Institucionais, Seguridade Cidadá e Turismo e presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña Juan Ignacio Borrego, que destacou a aposta polos produtos de calidade e o turismo gastronómico sostible, ademais da posta en valor e a promoción dos establecementos de hostalería da cidade. Na presentación do concurso tamén participou Antonio Roca, delegado comercial de Hijos de Rivera.

Participación e propostas

Nesta edición do Concurso de Tapas Picadillo participan 52 establecementos da cidade con 60 tapas (o prezo de venda ao público das tapas estará entre 1,50 euros e 3,50 euros). En canto ao tipo de tapa, distribúense en 22 tapas creativas e 38 tapas Receitario Picadillo. "A tapa Receitario Picadillo é unha novidade deste ano e debe inspirarse nalgunha das receitas salgadas características de Galicia recollidas na famosa obra "A Cociña Práctica", de Picadillo, famoso personaxe que dá nome a este concurso, un clásico na cidade", como explicou Borrego.

Algunhas das 60 tapas propostas polos establecementos da cidade para esta edición participan tamén na categoría de 'Maridaxe', ao se combinar coa cervexa 1906 de Estrella Galicia. En concreto son 23 tapas con maridaxe en 20 establecementos. Tamén hai 22 tapas celíacas e 4 tapas veganas. O público tamén poderá votar as súas tapas preferidas a través da app do concurso. Desta votación sairán os gañadores do Premio Picadillo Cidade da Coruña á mellor tapa votada polo público e o Premio Picadillo Maridaxe á mellor tapa con maridaxe. Igualmente, haberá mencións especiais.

O Concurso Picadillo é un dos pratos fortes deste outono gastronómico na Coruña, coas III Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico, que finalizaron o domingo, e o VII Festival Bocadillo Gourmet A Coruña, que terá lugar os días 3 e 4 de decembro. O Goberno de Inés Rey continúa a fomentar o turismo gastronómico como un dos principais atractivos da cidade nas diferentes épocas do ano.

Máis información na web www.tapaspicadillo.es.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión