Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2021

Mar de Mares converte un ano máis A Coruña na capital mundial dos océanos

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá no acto inaugural da 8.ª edición do festival que desde hoxe e até o domingo ofrece unha ampla programación de actividades centradas no mar

O Festival Mar de Mares converte un ano máis á Coruña na capital mundial dos océanos coa celebración da súa 8.ª edición. O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, destacou esta mañá no acto inaugural da 8.ª edición do Festival Mar de Mares "a necesidade de reflexionar unha vez máis sobre o futuro dos océanos".

Borrego defendeu o papel e a responsabilidade das administracións na aposta pola mellora da eficiencia enerxética, no impulso da economía circular e na redución das emisións. No caso dos concellos, sinalou, "con políticas como as que levamos a cabo desde o Goberno local que encabeza a nosa alcaldesa Inés Rey, apostando por unha mobilidade sostible".

A inauguración desenvolveuse na Dársena coruñesa e a continuación do acto inaugural realizouse unha visita pola mostra exterior "El agua de la vida" do biólogo mariño e documentalista de National Geographic, Manu San Félix, que pretende demostrar que preservar é a mellor forma de coidar.

Arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendemento, todos os sectores e axentes da cidade unen forzas para facer deste festival un evento único por e para o océano.

"Sen dúbida, nesta cidade o mar o é todo para nós. É o noso fogar, quen nos envolve. É parte esencial da nosa tradición, o noso descanso, o noso espazo de ocio, a porta de entrada a moitos dos nosos visitantes e tamén fonte da nosa industria", apuntou Juan Ignacio Borrego durante a súa intervención. Lembrou que "sobran razóns para nos preocupar polo seu estado, polo seu mantemento e polo seu futuro".

O Mar de Mares comezou esta mañá, ben cedo, cunha visita á lonxa coruñesa co fin de coñecer máis de preto os segredos da poxa do peixe que chega ao porto da Coruña a diario. A escritora e aventureira Bárbara Veiga estivo tamén esta mañá con estudantes para lles contar o seu traballo en defensa dos océanos. E a partir das 7 da tarde, a Domus acollerá hoxe un encontro inspirador co explorador de National Geographic, Manu San Félix, que compartirá as súas experiencias coas persoas asistentes. O resto da programación pódese consultar no portal web do festival: https://festivalmardemares.org/.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión