Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

30 de setembro de 2020

María Pita dálle o pistoletazo de saída ao Rally Rías Altas de Vehículos Históricos

A concelleira de Deportes: “Apoiamos proxectos como o voso, que nos serve para que A Coruña se converta no escenario de probas deportivas de interese, o que supón un grande impacto na nosa economía”. O evento deportivo, que contará con 85 vehículos participantes, realizarase os días 2 e 3 de outubro e percorrerá os municipios de Betanzos, Irixoa, Vilarmaior, Monfero e Aranga

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá a sexta edición do Rally Rías Altas de Vehículos Históricos, que terá lugar os días 2 e 3 de outubro na provincia da Coruña e contará coa participación de 85 automóbiles. Ao acto de presentación tamén asistiron o concelleiro de Deportes do Concello de Betanzos, Andrés Hermida, o presidente do comité organizador e representante da Escudería Coruña, Ernesto Rumbo Queijeiro, e o membro do comité organizador e presidente da Escudería Ferrol, Germán Castrillón Permuy.

A concelleira felicitou as persoas responsables polo enorme traballo e compromiso que supón sacar adiante un evento deportivo destas características: "En tempo de cancelacións deportivas, resulta esperanzador poder dar o pistoletazo de saída a esta proba". Martínez sinalou que desde o concello se traballa para consolidar o deporte como unha das nosas principais liñas de acción e, asegurou, "traballamos de maneira transversal para integrar o deporte na cidade, porque sabemos que o deporte fai cidade". E, por iso, apuntou, "apoiamos proxectos como o voso, que nos serve para que A Coruña se converta no escenario de probas deportivas de interese, o que supón un grande impacto na nosa economía".

A proba, que será puntuable para o tour europeo de rally histórico e para o Campionato de España de Rallys para Vehículos Históricos (CERVH), percorrerá os municipios de Betanzos, Irixoa, Vilarmaior, Monfero e Aranga.

A organización do evento deportivo, o Club Rallye Rías Altas, explicou que a proba realizarase cumprindo todos os protocolos anti Covid-19 e as normativas de seguridade impostas polas autoridades sanitarias. Así, todas e todos os afeccionados tiveron que rexistrarse previamente de xeito telemático para obter unha acreditación, cun código QR, que lles permitirá acceder ao recinto da zona de asistencia e aos tramos cronometrados. Desde a organización sinalan que esta modalidade de rexistro permitiralle á organización cumprir coa súa obriga de poder localizar a todas as persoas implicadas na proba no caso de producirse un caso positivo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión