Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2021

María Xosé Porteiro falará sobre a importancia de tecer redes entre as mulleres no ciclo de conversas EPB

A escritora conversará co xornalista Pepe Castro o xoves 3 de xuño no salón de actos da Real Academia Galega.

María Xosé Porteiro protagonizará o vindeiro xoves 3 de xuño a cuarta sesión do ciclo "As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán", organizado polo Concello e a Real Academia Galega, polo centenario do pasamento da autora coruñesa. A xornalista e escritora é unha figura destacada do feminismo en Galicia, pioneira na defensa da introdución da perspectiva de xénero nos medios de comunicación e na acción política e institucional, dende a que creou a primeira concellería de igualdade e a primeira casa de acollida de mulleres maltratadas de Galicia. Porteiro falará sobre o papel do feminismo en distintos ámbitos de acción e a importancia de tecer redes entre as mulleres nunha conversa con Pepe Castro, vicepresidente da Asociación de Xornalistas de Galicia, aberta ao público e que poderá seguirse tamén en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Coruña.

Autora de varias novelas e ensaios, María Xosé Porteiro exerceu o xornalismo en Radio Popular de Vigo, El País ou La Voz de Galicia nun momento no que nesta profesión a presenza das mulleres era aínda escasa. Na arena política, foi concelleira en Vigo, deputada no Parlamento de Galicia (1989-1997) e no Congreso dos Deputados (2004-2007) e a primeira delegada de Galicia no exterior (2007-2009). Na etapa como concelleira, María Xosé Porteiro fíxose cargo da primeira concellería de igualdade de Galicia (1987-1991) e tamén creou a primeira casa de acollida de mulleres maltratadas na comunidade, así como un dos primeiros centros de información para mulleres.

Debido ás restricións sanitarias debido a COVID 19 recoméndase reservar praza para asistir á conversa no correo difusion@academia.gal, indicando nome e apelidos e un número de teléfono de contacto.

Polo ciclo de conversas As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán pasarán entre marzo e decembro oito mulleres que destacan en eidos ben diferentes para reflexionar sobre o acadado dende os tempos da escritora en termos de igualdade de xénero e o camiño que queda por andar. O programa xa contou coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a académica Marilar Aleixandre e a gaiteira Susana Seivane. Todas as conversas poden verse na canle de Youtube de Cultura da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión