Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de marzo de 2020

Medidas preventivas para conter o coronavirus na estación de autobuses da Coruña

Habilítase unha única entrada directa aos autobuses na estación para adquirir os billetes no propio autobús, sen que isto supoña en ningún momento o peche do servizo, que se sigue a prestar con regularidade

Con data 31 de xaneiro do 2020 a Organización Mundial da Saúde declarou o brote SARS_COV-2 como emerxencia de saúde pública de importancia internacional. Ante a incidencia da situación provocada pola enfermidade coñecida como COVID-19, provocada polo virus citado, e en consonancia coas recomendacións do Ministerio de Sanidade e coas da Xunta de Galicia do día 12 de marzo, a Alcaldía-Presidencia emitiu un Decreto ese mesmo día sobre medidas municipais adoptadas para conter o coronavirus na cidade.

Entre outras, decretouse o peche de instalacións municipais deportivas, centros culturais, museos, bibliotecas, escolas infantís, teatros, centros cívicos, espazos de uso cidadán, e calquera outra instalación xestionada polo Concello da Coruña  na que se realicen actividades aberta ao público, agás as dependencias administrativa.

Consonte con este Decreto, en relación co edificio da Estación de Autobuses, e ante a imposibilidade de garantir que os espazos como baños, escaleiras, ascensores ou vestíbulos de espera sexan zonas seguras, habilitouse unha única entrada directa aos autobuses na estación para adquirir os billetes no propio autobús, sen que isto supoña en ningún momento o peche do servizo, que se sigue a prestar con regularidade. A medida municipal so implica que os viaxeiros deberán acceder ás plataformas de chegadas e saídas polas portas da zona de acceso ás ditas plataformas, restrinxíndose unicamente o acceso ao edificio, e quedando anulados so os servizos de facturación e consigna que se realizaban no interior, se ben de xeito puntual aténdese aos viaxeiros para a retirada das súas pertenzas da consigna.

Os autobuses operan con normalidade entrando e saíndo da estación nos seus horarios habituais, e os viaxeiros adquiren os billetes no propios buses. Non se limitou en ningún momento o acceso do persoal que traballa nas instalacións do edificio que pode entrar ás oficinas e dependencias nas que realiza o seu laboral, pero habilitando outro acceso.

A información sobre estas medidas realizouse a través da colocación dos carteis necesarios nos accesos ao edificio que explican a situación actual e inclúen as indicacións precisas para o uso do transporte metropolitano.

Esta situación durará 14 días e estará vixente ata o vindeiro 27 de marzo do 2020, sen prexuízo de que poida ser prorrogada de xeito sucesivo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión