20 de novembro de 2020
Será cunha conferencia que terá lugar no Fórum Metropolitano ás 19.30 horas
A conferencia correrá a cargo de Jorge Moreno Andrés, doutor en Antropoloxía Social e Cultural con especialización en antropoloxía da imaxe e director do proxecto de investigación Mapas de Memoria da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Tamén participarán na charla o concelleiro de Educación, Memoria Historica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
A conferencia "Fotografía e violencia política. A transmisión da memoria durante o franquismo" terá lugar no auditorio do Fórum Metropolitano, cunha capacidade máxima de 30 persoas.
Esta charla pon fin á exposición "As pequenas cousas. De como os obxectos gardaron unha memoria perseguida", unha homenaxe ás vítimas da represión franquista.
25 de abril de 2024
24 de abril de 2024
23 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible