Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2020

Mercados agradece o esforzo de todas e todos os profesionais que permiten a actividade nas prazas de abastos

A través dun vídeo que se subirá ás redes sociais e tamén en formato de cuñas de radio, o concello valora o esforzo das persoas que fan posible que a veciñanza acceda estes días a produtos frescos e de proximidade

A Concellería de Mercados lanza unha campaña de agradecemento a todas/todos os profesionais interveñen no traballo nas prazas de abastos para que a veciñanza teña acceso a produtos frescos e de proximidade neste estado de alarma. Baixo o lema "O valor do noso" e a través dun vídeo que se subirá ás redes sociais, e tamén en formato de cuñas de radio, o concello valora o esforzo realizado polas persoas que abastecen estas instalacións municipais. Desde a concellería, a edila Diana Cabanas recordou que neste grupo están "as e os que se dedican a traballar a terra e o mar, as persoas que teñen explotacións gandeiras e as que transportan as mercadorías á cidade co fin de que as e os vendedores llas ofrezan á súa clientela neste confinamento".

Ademais, a concelleira destaca que a cidadanía está apostando polo trato máis próximo e acode estes días comprar aos mercados, e agarda que esta actitude se prolongue máis aló desta situación. Na peza audiovisual, unha voz en off agradece a entrega destas persoas que producen, carretan, cortan e limpan os alimentos e que "nos acompañan durante toda a vida".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión