Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2022

O Mercadillo Solidario, co concurso de tortillas e a festa dos callos, rematará o domingo a programación festiva

Música, deportes e gastronomía centran as festas do Barrio das Flores que comezan este venres

O pregón de Álex Pereira e unha velada de boxeo dan inicio aos festexos

Música, deportes e gastronomía serán os eixos das festas do Barrio das Flores que se desenvolverán esta fin de semana e que están organizadas polo Concello e a plataforma veciñal do barrio. O programa dará comezo este venres, 2 de setembro, ás 20 horas na calle Petunias, co pregón a cargo de Alex Pereira, veciño do barrio e integrante do Deportivo Genuine, que será o preludio da velada de boxeo que se desenvolverá a partir das 20.30 horas. A primeira xornada rematará coa actuación de orquestra Grupo Eureka.

O sábado iniciaranse os actos co concurso de tapas dos hostaleiros do barrio, a partir das 13 horas. Este día introducironse cambios respecto ao programa inicial, de tal forma que o Flores Rock contará con tres actuacións durante a mañá xa que estarán presentes a banda infantil Los Plutones, ás 13 horas, Furacán, ás 14 horas, e Another Wasted Year, ás 15 horas. Durante estos espectáculos desenvolverase unha paellada popular na praza central do barrio, donde estará ubicado o escenario do festival de rock.

Desde as 16.30 ata as 18.30 será momento dos obradoiros de rock orientados aos máis mozos, e que conta xa coa previsión de participación de máis de cen nenos e nenas que realizaron a súa inscrición. Tamén pola tarde, desde 17 horas haberá o campionato de chave.

Xa a partir das 20.30 horas e ata a madrugada sucederánse as actuacións previstas no Flores Rock, coa participación de Calle del Ruído, Crystal Somnia e Tregua, para pechar a xornada con Reincidentes, que actuará ás doce da noite, e con Sex, xa á 1.30 horas.

O domingo, 4 de setembro, será o día do Mercadillo Solidario, que inclúe actividades para os bos padais e para os máis cativos., ademáis de contar con sesenta postos de artesanía e productos de segunda mán. A tradicional alborada de gaiteiros dará inicio ao mercadillo ás 11 horas, para continuar cunha sesión de zumba ao aire libre e coa segunda edición do Concurso da Mellor Tortilla do Barrio, a partir das 13 horas. Unha hora despois chegará a Festa dos Callos, con sesión vermú co dúo Rayzes incluída.

Xa pola tarde as citas serán musicais, coa excepción dos obradoiros infantís que terán lugar desde as 17 horas. Antes, a partir das 16 horas, actuará o dúo Notas, e ás 18 horas será o grupo Obsesión, para rematar as festas ás 19 horas co DJ Expósito.

Desta maneira, grazas a colaboración entre o Concello e a plataforma veciñal, o Barrio das Flores recupera as súas festas tradicionais nas que o rock, xunto coa gastronomía, seguen a ser os pratos fortes da programación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión