Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xuño de 2022

Nº resultantes do sorteo de campamentos de Mocidade

Sorteo de números para a adxudicación de prazas nos campamentos de Mocidade.

O sorteo realizouse nas dependencias do servizo de Participación e Mocidade o día 03/06/2022, ás 11.30 h procedendo á extracción dun número para cada unha das quendas ofertadas nos campamentos. O sorteo realízase a través dunha plataforma dixital de sorteos (sortea2.com) estando presentes tres funcionarias do Concello da Coruña.

O resultado do sorteo é o seguinte:

  • Resultado do sorteo Quenda 1: número 205
  • Resultado do sorteo Quenda 2: número 60

Unha vez publicados os números do sorteo seguirase co procedemento establecido:

Publicación de listaxes de admitidas/os: 7 de xuño na web

  • Adxuricarase só unha quenda de campamento por persoa
  • Habilitarase unha listaxe de agarda en cada unha das quendas para cubrir aquelas prazas que non teñan a inscrición formalizada ou renuncien a ela.

Inscrición/Confirmación de praza: 8, 9 e 10 de xuño

  • Confirmación de praza: as persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviando un correo electrónico ao mail xuventude@coruna.gal
  • No caso de non recibilo no prazo establecido, a partir do 13 de xuño adxudicarase a praza á seguinte persoa da listaxe de agarda.

Documentos:

Mocidade_-numeros-resultantes-do-sorteo-de-campamentos-2022.pdf (448 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión