Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2021

Nova data para o concerto de Miriam Rodríguez

O concerto de Miriam Rodríguez previsto para este nartes 3, aprázase até o 11 de agosto. As entradas adquiridas para este concerto serán válidas para a nova data.

O concerto da cantante Miriam Rodríguez previsto para o martes 3 de agosto realizarase o vindeiro 11 de agosto ás 22.00 horas como consecuencia do resultado positivo en Covid-19 da artista.

O concello e as persoas representantes da artista decidiron conxuntamente atrasar uns días este concerto para garantir que a cantante poida estar nas mellores condicións para a súa actuación. O concello desexa que a artista poida estar plenamente recuperada para a súa cita co público coruñés e agradécelle a Miriam Rodríguez a súa disposición para buscar outra data dentro das festas de María Pita.

As entradas reservadas para este concerto, dentro do programa das Festas de María Pita, serán válidas para a nova data sen necesidade de realizar ningún trámite adicional. En caso de non poder asistir na nova data non será preciso devolvelas nin cancelalas e ao igual que no resto dos espectáculos desde 15 minutos antes do inicio do concerto poderase acceder sen entrada até completarse a capacidade. As portas para todos os concertos ábrense unha hora antes para que a xente poida acceder á zona habilitada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión