Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2022

Nove especialistas formarán parte da comisión para a elaboración do listado xeral da obra de Luis Seoane

A Fundación Luis Seoane cumpre deste xeito co acordo establecido en abril de 2021 polo seu padroado para inventariar a totalidade da obra do artista galego

Este venres, o padroado da Fundación Luis Seoane acordou en xunta ordinaria os nomes dos dez especialistas encargados de abordar a tarefa de analizar e evaluar a obra realizada por Luis Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979), unha das figuras fundamentais da arte e a cultura galegas do século XX. Catro décadas de produción artística que o creador galego envorcou en óleos, gravados, álbumes, debuxos, deseño gráfico e editorial, da que a fundación que leva o seu nome posúe a colección máis importante. 

A obra de Luis Seoane está presente ademais en numerosas coleccións públicas e privadas. O propósito desta comisión é recompilar os traballos realizados polo artista, independentemente da súa localización, co obxectivo de identificalos, elaborar as fichas correspondentes e poñelos a disposición do público a través dunha publicación. Para isto, a Fundación Luis Seoane proporcionará aos membros desta comisión, que se reunirá un mínimo de tres veces ao ano, un listado das obras de Seoane recompiladas ata o momento pola institución xunto cos datos proporcionados por coleccionistas, institucións, particulares, etc., para o seu estudo. 

A comisión estará integrada por María Antonia Pérez Rodríguez, Profesora Titular na Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña e investigadora especializada na obra de Luis Seoane; Ángeles Penas Truque, directora do Museo de Belas Artes da Coruña, institución que posúe unha importante colección de obra de Luis Seoane cedida pola súa viúva; Carlos López Bernárdez, crítico de arte e comisario de numerosas exposicións dedicadas a artistas galegos, entre eles Luis Seoane; Rosa Espiñeira Pan, experta sobre a obra de Luis Seoane e albacea testamentaria de María Elvira Fernández López, viúva do artista e Víctor Manuel Rodeiro, galerista especializado en Vangardas Históricas galegas. Pola súa parte, a Fundación Luis Seoane participará na comisión con tres membros: Xosé Díaz Arias de Castro, vicepresidente; Silvia Longueira Castro, directora da entidade, e Carmela Montero García, conservadora e documentalista. A estes nomes engadirase ademais un representante da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión