Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xuño de 2020

O Aquarium abre de novo as súas portas ao público o luns con reserva previa de entrada

A Casa das Ciencias e a Domus aínda permanecerán pechadas

O Aquarium abre a súas portas de novo ao público o luns 8 de xuño ás 10 horas. Durante os tres primeiros días da semana (8, 9 e 10 de xuño), darase prioridade ás persoas que non deben abonar a entrada: titulares de tarxetas de entrada anual (Tarxeta Vente e Tarxeta Vente Mini), menores de 4 anos, persoal docente, alumnado da Universidade da Coruña, persoas con discapacidade ou membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Todas as persoas que visiten a Casa dos Peixes deberán gardar unhas normas de seguridade, como usar de forma obrigatoria a máscara durante toda a visita e manter a distancia de dous metros entre persoas que non convivan. Ademais deberase evitar tocar calquera obxecto ou superficie, de feito deshabilitaronse os elementos interactivos do museo.

Polas súas características, o acceso á sala Nautilus poderá realizarse cada 20 minutos en grupos de tamaño reducido e acompañados dunha persoa do centro. Para compensar esta redución da oferta e outras restricións que o público atopará durante a visita, reduciuse o prezo da tarifa xeral de 10 a 4 euros, para as visitas para partir do 11 de xuño.

Como realizar a reserva de visita

O Aquarium Finisterrae recibirá visitantes de luns a domingo de 10:00 a 18:00 horas, en grupos dun máximo de 20 persoas cada 20 minutos. Para visitar o Aquarium haberá que realizar previamente unha reserva por internet, con ata 3 días de antelación, a través desta ligazón web: ticketing.coruna.eu/mc2-aq

Poderán reservarse un máximo de 5 entradas por persoa, elixindo día e tramo horario segundo dispoñibilidade. Co fin de orientar sobre a reapertura habilitáronse durante esta fin de semana os teléfonos 981 189 840 e 981 189 846 en horario de 10 a 14 h.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión