Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

30 de xuño de 2020

O Aquarium comeza mañá o seu horario de verán

Do 1 de xullo ao 31 de agosto, a apertura para as visitas será de 10.00 a 20.00 horas. Non se poderá acceder máis tarde das 19.00 horas A Casa das Ciencias e a Domus aínda permanecen pechadas

O Aquarium recibirá visitas desde mañá en horario de verán até o 31 de agosto, isto é, de 10.00 a 20.00 horas. Non se poderá acceder máis tarde das 19.00 horas. Ademais, será preciso reservar a entrada co fin de facilitar o control de acceso  dun máximo de 30 persoas cada 20 minutos. Unha vez dentro das instalacións, a visita terá unha duración ilimitada. A reserva deberá realizarse por internet, con até 3 días de antelación, a través da ligazón https://ticketing.coruna.eu/mc2-aq/

Poderán reservarse un máximo de 5 pases por persoa e as/os solicitantes elixirán o día e o tramo horario, segundo a dispoñibilidade do museo.

Todas as persoas que visiten a Casa dos Peixes deberán gardan unhas normas de seguridade, como usaren en todo momento e de forma obrigatoria a máscara e manteren a distancia de dous metros coas e cos visitantes que non convivan. Tamén evitarán tocar calquera obxecto ou superficie, así como os elementos interactivos do museo que permanecen deshabilitados.

Polas súas características, o acceso á sala Nautilus poderá organizarse puntualmente en quendas de 20 minutos en grupos de tamaño reducido e sempre acompañadas/os por unha persoa do centro.

Para compensar estas restricións, o prezo da tarifa reducirase dos 10 aos 4 euros.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión