Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2022

O artista Iago Eireos ensina a súa arte ao alumnado do Plan de Emprego Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos. Concello da Coruña

Traballouse con diversa técnicas de fotografía Analóxica.

Os pasados días 1 e 2 de xuño, o artista Iago Eireos veu ao carón do equipo de Produción Fotográfica do P.E. Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos para impartir un obradoiro de fotografía analóxica e revelado coa súa furgoneta "Espazo Lupa Arte".

As fotos analóxicas foron sacadas mediante diferentes métodos: cunha cámara estenopeica, cunha cámara técnica e con outra de carrete. Tamén tivemos a oportunidade de probar nas nosas carnes o proceso de revelado.

Sen dúbida foi unha experiencia nova e enriquecedora para moitos de nós, que convivimos durante moi pouco tempo con este tipo de cámaras, hoxe en día en perigo de extinción

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión