Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de diciembre de 2022

Xa están publicadas as bases e procedemento de inscrición nos obradoiros de cociña infantil nos Mercados Municipais. As solicitudes poderán presentarse a partir do día 9 e os talleres darán comezo o día 23

O Belén Municipal de Nadal homenaxeará a figura de Ramón Pérez Costales, benfeitor do Pablo Picasso nos anos de infancia do artista na Coruña

O Salón de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita acollerá un ano máis o Belén, que inclúe nesta edición unha persoa fundamental para comprender os inicios e traxectoria de Picasso

Hoxe comezou o proceso de montaxe do Belén Municipal de Nadal, que acollerá un ano máis o Salón de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita e contará coa inclusión dunha nova figura, a de Ramón Pérez Costales, médico, home de ciencia e benfeitor de Pablo Picasso nos primeiros anos do artista cando este residía na Coruña.

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor a proposta, que abre camiño á programación prevista polo Concello para a 'Celebración Picasso 1973-2023', en conmemoración polos cincuenta anos do falecemento do artista, que pasou parte da súa infancia na cidade. Neste sentido, detallou a rexedora, "coa inclusión da figura de Ramón Pérez Costales no Belén Municipal rendémoslle homenaxe a unha persoa fundamental para comprender a traxectoria e percorrido dun artista universal como Picasso. Ramón Pérez Costales traballou para conseguir que Picasso tivese espazos na nosa cidade para as súas primeiras exposicións. Por exemplo, na rúa Real. A súa inclusión no Belén Municipal non fai senón recordar a figura de Costales, falecido na Coruña en 1911".

O Belén Municipal de Nadal estará aberto ao público desde o vindeiro venres 9, ás 17.30 horas.

O acendido das luces de Nadal, este sábado 3

O Obelisco acolle este sábado 3 o acto de acendido das luces de Nadal. Desde as 16.15 horas, os nenos e nenas da cidade poderán depositar un debuxo nunhas urnas para, posteriormente, escoller mediante un sorteo quen premerá o botón que accionará a iluminación. Entre medias, ás 17.15 a rapazada poderá gozar coa actuación do Mago Román.

Xa ás 18.10 horas, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada polo actor Suso Martínez, mestre de cerimonias, tomará a palabra para desexar a todas e todos os coruñeses unhas felices festas e elixirá ao azar o debuxo das pequenas e pequenos afortunados. Tamén participará un avó ou avoa.

A conta atrás para accionar o interruptor que acenderá as luces de Nadal dará comezo ás 18.25 horas. Haberá, a continuación, fogos de artificio e, xa ás 18.40 horas, pechará o acto a Gallaecia Big Band, en concerto.

A apertura do novo Mercado de Nadal e o comezo das actividades no Iglú

Posteriormente, ás 19.00 horas, a alcaldesa e os membros da Corporación Municipal visitarán o novo Mercado de Nadal situado na Praza de María Pita, que tamén abrirá ao público este sábado 3 desde as 11.00 horas. O Mercado de Nadal, xa instalado, conta con 25 postos de artesanía, así como de entidades do terceiro sector que darán a coñecer a súa actividade.

O novo Mercado de Nadal estará aberto todos os días, de luns a domingo (de 11.00 a 14.00, e de 16.30 a 21.00 horas), a excepción do día 25, que ficará pechado, e os días 24 e 31, nos que abrirá á cidadanía de 11.00 a 15.00 horas.

En paralelo, tamén este sábado 3 e na praza de María Pita, de 17.00 a 21.00 horas, poranse en marcha os obradoiros infantís que acollerá o novo Iglú situado na contorna do Mercado de Nadal.

Os talleres, para os que xa se habilitou un prazo para inscribirse previamente, rematarán o día 30 de decembro e abranguen a elaboración de traballos manuais como adornos florais e instrumentos musicais. Tamén lle achegarán á cativada a cociña de Nadal.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión