Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2020

O Belén municipal gardará sempre un lugar para as persoas que están na primeira liña de combate nesta pandemia

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou no acto de inauguración que o maior xesto de amor á cidade é apostarmos pola distancia neste Nadal en que convidou a que apoiemos o comercio, a cultura e a hostalaría locais

A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou esta tarde acompañada doutros membros da Corporación o Belén municipal, que este ano conta coa peza dunha muller anónima aplaudíndolle ás e aos traballadores de servizos esenciais. A rexedora sinalou que esta figuriña feita por Francisco Gorín de Buño simboliza todo ese movemento humano e solidario que se desenvolveu durante a pandemia: "Incorporamos unha persoa que aplaude, como facíamos todas e todos ás oito da tarde durante o confinamento en homenaxe a aquelas e aqueles que nos protexían". Con ela, Rey afirmou que o noso Belén gardará sempre un lugar para as persoas que exerceron os seus traballos coa máxima dedicación e as que a día de hoxe seguen na primeira liña de combate porque desde hoxe, "o Nadal tamén será seu". A alcaldesa engadiu que este ano cómpre apostar pola distancia, pola prudencia e polas normas porque "ese será o maior acto de amor á cidade e as súas xentes que poidades practicar".

Ademais, convidou á veciñanza a que apoie na medida do posible "aos nosos. Ao noso comercio, á nosa cultura, á nosa hostalaría. Evitando aglomeracións, as e os coruñeses poden asomarse ao Nadal mercando no comercio de proximidade, encargando comida nos nosos locais, agasallando a nosa rebosante cultura". Iso tamén é, para Rey, coidarnos e facer cidade. Por último, insistiu en que non hai que esquecer que o virus segue aí: "Non podemos baixar a garda. Para recuperarmos o tempo en apertas, bailes e concertos, antes debemos cumprir como cidadás e cidadáns de primeira que somos".

O Belén municipal poderase desfrutar todos os días, agás os festivos, coas medidas de seguridade esixidas pola Xunta e en horario de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión