Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2022

O Breakfast Run e a Pasta Party agardan a túa confirmación

Este mércores, 28 de setembro, ás 23.59 horas conclúe o prazo para inscribirse á festa da pasta e o xoves, á mesma hora, péchase, de maneira telemática, o do almorzo solidario, aínda que a este último poderás anotarte presencialmente en ADACECO e en Exporunning

Este mércores, 28 de setembro, ás 23.59 horas, conclúe o prazo para inscribirse na Pasta Party, un dos eventos que forman parte do programa de actividades de Coruña 42. Á outra das iniciativas, o Breakfast Run Solidario, podes apuntarte de xeito telemático ata o xoves, 29 de setembro, ás 23.59 horas e, posteriormente, de maneira presencial na sede da Asociación de Dano Cerebral de Coruña (ADACECO) e en Exporunning, en Palexco.

As dúas actividades, que se celebrarán o sábado 1 de outubro, véspera do Maratón Atlántica esperan a túa confirmación nas próximas horas.

O 'Breakfast Run Solidario' permitirache comezar o día previo a Coruña42 con forza. Celébrase a beneficio de ADACECO e está organizado polo Concello da Coruña.

Terás tres ritmos para preparar as pernas da mellor maneira para o Maratón: un de trote lixeiro, con Julia Vaquero como guía; outro máis suave, con Andrés Díaz como 'lebre' e un terceiro que se corresponderá coa andaina.

É unha proba non competitiva, que comezará ás 09.30 horas no Paseo do Parrote, onde tamén estará a meta, á que os tres grupos chegarán ao mesmo tempo.

A inscrición para o 'Breakfast Run Solidario' está limitada a un máximo de 750 prazas, 50 delas reservadas para ADACECO. A cota ten carácter simbólico, un euro será para as persoas que se apuntaron a Coruña42 e dous para o resto de participantes; o importe íntegro que doarase a ADACECO.

Unha vez concluída a carreira, na zona próxima á meta estará dispoñible o almorzo que ofrecen Sanbrandan e Cafés Delta.

Despois, ao mediodía, a Pasta Party achegará a enerxía que necesitas para unha proba tan esixente como Coruña42 e o reto de ser finisher.

O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, Palexco, será o escenario da festa da pasta coa organización do Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes.

O lema de Coruña42 fai unha chiscadela ao océano, 'Corre co Atlántico aos teus pés', e na Pasta Party, a carón dese mar que baña a cidade mentres degustas un menú variado de pasta, concibido para todos os gustos.

Para quen participa no Maratón Atlántica, o prezo para acudir a este evento é de 2 euros. Ademais, está dispoñible por 9 euros para acompañantes, 5 euros para as persoas que corran a 10K, 6 euros para os nenos e nenas de 4 a 11 anos; e gratis para menores desa franxa de idade.

Establecéronse tres quendas de comida, cun límite de 100 prazas en cada un. O primeiro comezará ás 13.00 horas; o segundo, ás 14.00 horas e o terceiro, ás 15.00 horas. Terás un máximo dunha hora para comer (dentro dese horario) e non se poderá acceder ao comedor se xa transcorreu un cuarto de hora da quenda correspondente.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión